lunes, 17 de octubre de 2011

Un paseo Ilustrado. Expo Oscar Villán & David Pintor

El próximo jueves 27 de octubre, a las 20:00, se inaugurará la exposición "Un paseo ilustrado" en la Biblioteca Miguel González Garcés, en la ciudad de A Coruña. Los ilustradores Oscar Villán y David Pintor nos muestran, en esta exposición conjunta, una selección de sus trabajos en los últimos años en el campo de la ilustración, bien sea en editoriales, revistas o muestras itinerantes.

O próximo xoves 27 de octubre, ás 20:00, será a inauguración da exposición "Un paseo ilustrado" na biblioteca Miguel González Garcés, da cidade de A Coruña. Os ilustradores Oscar Villán e David Pintor nos amosan, nesta mostra conxunta, unha escolma dos seus traballos nos últimos anos no eido da ilustración, ben sexa en editoriais, revistas ou mostras itinerantes.

On Thursday October 27th at 20:00, will open the exhibition "Un paseo ilustrado". Illustrators Oscar Villán and David Pintor show, in this joint exhibition, a selection of his works in recent years in illustration, in publishing houses, magazines or some exhibitions.

Os lectores e as lectoras, os bibliófilos en xeral, celebramos que a biblioteca pública Miguel González Garcés se convertese nun pequeno museo: as súas paredes locen unha escolma do gran traballo plástico de dous artistas que son un referente imprescindible no panorama da ilustración non só en Galicia, senón no ámbito internacional: David Pintor e Óscar Villán.

Non é a primeira vez que David Pintor e Óscar Villán comparten espazo escénico: xa hai uns anos que algunhas obras destes creadores de soños viaxan xuntas polo mundo, integradas na mostra do Blue Book Group. Irán, Dubai, Tokio, Santiago de Compostela, Estrasburgo ou Buenos Aires foron algúns lugares que xa visitou esta exposición en que figuran pezas de máis de 90 profesionais de todo o mundo.

E non é estraño que Óscar Villán e David Pintor envíen a viaxar as súas obras de país e país, porque “viaxar” é un verbo que casa perfectamente coa súa traxectoria creativa, aínda que cada un deles viaxe dun xeito distinto.

David Pintor viaxa polo mundo sempre que pode, e cóntanolo aos demais deixando constancia das súas singraduras en fermosas e lixeiras imaxes; tan lixeiras que parecen voar. Quizais a súa liviandade proveña da rapidez coa que David coordina a súa ollada co movemento do seu pulso: unha man áxil capaz de plasmar nun plisplás as formas dunha antiquísima arquitectura nun simple pano da mesa, ou de facer levitar sobre calquera cidade o “turista accidental”, convertido nun novo Perseo, mentres o artista degusta un café aromático.

Compostela, Florencia, Ámsterdam… as cidades están presentes na obra de David Pintor porque el percórreas, explóraas, escudríñaas ata atopar a esencia pétrea sobre a que se erguen. E despois, como por arte de maxia, transfórmaas en cidades aéreas, cidades flotantes, cidades nube que se espallan e se moven ante nós. Nelas soa a música: quizais unha sinfonía de Vivaldi, quizais as notas harmónicas do saxofonista que tentou adurmiñar o bebé, ou quizais as notas dun valse que Darwin cantaruxa mentres escoita o arrolo dos paxaros. David Pintor viaxa e cóntanolo, como un novo Gulliver sedento de facer a crónica dende o outro lado do mundo.

Óscar Villán tamén é un impenitente viaxeiro... a través del mesmo. Porque o planeta quédalle pequeno e Óscar non pode facer outra cousa que viaxar polo interior do seu propio mundo, afondando na historia que o precede século ante século na procura do concepto orixinal. Así chega ao bosque que acolle todas as historias que sucederon “había unha vez…”. Un bosque onde Fedot cruza o río de lume sentado nunha ra, onde os dous irmáns, o ourive rico e o pobre de solemnidade, se despiden mentres Pés de Pluma acende o lume nas entrañas do puma.

No bosque permanece a esencia e a presenza do imperturbable: a morte, a lentitude do eterno; pero tamén o que se move e se transforma: o lume, a choiva, a vexetación, o labirinto. En definitiva, o ciclo da vida.

Óscar é un artista caracol, un artista reflexivo, un pensador que percorre camiños e se detén diante dos pequenos detalles que adoitan pasarlle desapercibidos ao común dos peóns: unha pedra, unha póla, unha nube, un charco… poden ser algo distinto aos seus ollos. Óscar, cazador de paraidolias, ofrécenos unha Terra na que sentar a descansar mentres o mundo xira sen sentido.

Óscar Villán e David Pintor. Velaí dúas viaxes artísticas na procura da súa particular Ítaca. Gozemos con eles desta travesía compartida. Que os ventos nos sexan favorables!

Xosé Ballesteros


No hay comentarios: